InicioCentralBurelaBurela presenta o seu programa de ocio de verán para menores

Burela presenta o seu programa de ocio de verán para menores

O obxectivo primordial é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ofrecendo aos nenos e nenas unha alternativa de tempo de lecer e tempo libre, desenvolvendo valores de cooperación, respecto e tolerancia.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela presenta o programa de conciliación da vida laboral, familiar e persoal no período de vacacións escolares de verán 2022, meses de xullo e agosto, no que se farán actividades lúdicas-deportivas e culturais dirixidas ao alumnado que estea matriculado no curso escolar 2021-2022 en: segundo ciclo de E.

Infantil (3-6 anos) e toda Primaria. Sendo ademais requisito obrigatorio para poder participar nestas actividades estar empadroado no Concello de Burela p menor participante.

O obxectivo primordial é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ofrecendo aos nenos e nenas unha alternativa de tempo de lecer e tempo libre, desenvolvendo valores de cooperación, respecto e tolerancia.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Promover actividades que favorezan a diversión creando un ambiente lúdico.

Desenvolver a autonomía persoal no día a día.

Dar a coñecer diferentes actividades lúdicas de lecer e tempo libre.

Promover actividades que favorezan o traballo en equipo e a creatividade.

Fomentar o compañerismo e a tolerancia a través de actividades de traballo en equipo.

Potenciar actitudes de valoración e respecto cara o entorno físico e natural.

Dar a coñecer que é o medio ambiente, a natureza e a importancia que ten coidala.

Coñecer o entorno que nos rodea.

DATAS E HORARIO

Do 1 de xullo ao 24 de agosto, de luns a venres, agás festivos; de 9:00 a 13:30 horas. Tanto as chegadas como as saídas faranse escalonadas para evitar aglomeracións. Cod. Validación: 9M3KW7WZXCE3NG2QKJXC2MAN2 | Corrección: https://burela.sedelectronica.es/

Un mesmo participante poderá solicitar ambos meses ou un só.

LUGAR DE REALIZACIÓN

As actividades levaranse a cabo nas instalacións do CEIP Virxe do Carme de Burela.

PRAZAS

O número de prazas ofertadas serán 50 para o grupo dos pequenos (Infantil e 1º ciclo de Primaria) e 25 para o dos maiores (2º e 3º ciclo de Primaria).

SELECCIÓN

1.Será requisito obrigatorio que o menor estea empadroado no Concello de Burela.

2.En primeiro lugar seleccionarase aos nenos e nenas daquelas unidades familiares nas que ambos proxenitores, teñan vixente unha relación laboral en horario de mañá acreditando esa circunstancia no prazo de presentación de instancias ou estén realizando un curso do plan de formación en horario de mañá impartido dentro da formación para persoas desempregadas das distinas administracións públicas. No suposto de separación, divorcio ou familias monoparentais atenderase a que este requisito se cumpra respecto do proxenitor que se atope a cargo do/a menor.

3.Reservaranse 6 prazas para aqueles casos que Servicios Sociais consideren de gran necesidade.

De contar con máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo, primeiro cos que cumpran os requisitos dos apartados 1, 2 e 3 ; posteriormente co resto de solicitudes. No caso de que queden prazas vacantes, unha vez entren todos os nenos que cumpran os apartados 1, 2 e 3; sortearemos as prazas restantes entre todas as solicitudes restantes, que deberán cumprir o criterio do apartado 1.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...