InicioCentralBurelaXogar ao "Mundo Limpo", unha actividade do alumnado do CEIP Virxe do...

Xogar ao “Mundo Limpo”, unha actividade do alumnado do CEIP Virxe do Carme de Burela

A actividade desenvolveuse xunto coa Aula Gaia do Concello de Burela.

Publicada o

- Advertisement -

A Aula Gaia do Concello de Burela continúa coas actividades destinadas aos escolares do municipio para concienciar sobre o respecto ao medio ambiente en valores ecoloxistas e do coidado da natureza.

Nesta ocasión, estiveron na aula de 3º de primaria do Ceip Virxe do Carme co “Xogo do mundo limpo”, unha versión da coñecida e tradicional oca cun taboleiro xigante para comprobar os coñecementos do alumnado e fomentar os bos usos na reciclaxe e respecto ao medio.

Coas aspiracións postas en finalizar o xogo acadando a casilla do “mundo verde”, as nenas e nenos dividíronse en catro equipos separados por cores, superando mediante as “pegadas verdes” cada unha das preguntas que se realizaban, tales como respostar que tipo de residuos se botan ao colector amarelo ou onde se deben botar os panos de mesa de papel que se empregan á hora do xantar.

A acollida foi moi boa e os equipos centraron todos os seus esforzos en completar o xogo, aprendendo con esta modalidade da gamificación e dun xeito dinámico e interactivo moitas cuestións arredor do coidado ao medio ambiente.

As monitoras da aula Gaia afirmaron que “este xogo funciona moi ben co alumnado e nos permite reter a súa atención e traballar con eles en equipo para que entendan a importancia de coidar a natureza e facer un cambio nas rutinas perxudiciais co medio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...