InicioCentralBurelaOs grupos de pesca de todo o Estado reuniranse en Burela para...

Os grupos de pesca de todo o Estado reuniranse en Burela para desenvolver novas políticas participativas

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, manifestou en positivo “a oportunidade de celebrar neste concello un encontro a nivel estatal do que van derivar moitas das conclusións que marcarán a pauta futura no sector pesqueiro”.

Publicada o

- Advertisement -

A Casa da Cultura do Concello de Burela acollerá este martes 14 e mércores 15 de xuño a VII Sesión Plenaria da Rede Española de Grupos de Pesca co obxectivo de deseñar o futuro do Desenvolvemento Local Participativo (DLP).

Co obxectivo principal de facilitar a cooperación e o traballo en rede para consolidar un presente sostible e un futuro viable para as comunidades pesqueiras como Burela en particular e A Mariña en xeral, a REGP promove a súa sesión plenaria na localidade, un punto estratéxico de desenvolvemento socioeconómico da comarca, para intercambiar experiencias e boas prácticas e dinamizar a interacción entre os grupos.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, manifestou en positivo “a oportunidade de celebrar neste concello un encontro a nivel estatal do que van derivar moitas das conclusións que marcarán a pauta futura no sector pesqueiro”, explicou o rexedor, engadindo que “tamén é un bon escaparate para visibilizar o traballo que se realiza desde a Galp A Mariña-Ortegal, entidade coa que o concello mantén un estreita relación colaborando en todos os proxectos que se impulsan, integrando os valores de pesca sostible e respectuosa coa biosfera mariña e marcando un paradigma de interacción co medio”.

As xornadas comezarán cunha análise por parte do coordinador da REGP, José María Solana, sobre a situación do DLP en cada Comunidade Autónoma do Estado, intervención que precederá á presentación do GALP A Mariña Ortegal, cuxas prioridades sinalan ao mantemento da actividade pesqueira, a

promoción do relevo xeracional nesta actividade, a explotación dos recursos pesqueiros desde a sostibilidade, a creación de empregos de calidade que fixen poboación na zona, así como a oferta dun turismo integrado, consensuado e desestacionalizado, dotando de valor os recursos naturais, culturais e patrimoniais.

Tamén se abordarán distintas experiencias e proxectos dos Galp doutros territorios como Almería, Pontevedra, Tenerife ou Costa da Morte, así como a aplicación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e os resultados e impacto do DLP no territorio.

O alcalde de Burela acompañará a expertos e autoridades nunha visita ao entorno portuario, “lugar onde tamén lles poderemos explicar os distintos proxectos apoiados polo Galp A Mariña- Ortegal, como o novo sistema de “puja” para mellorar a competitividade na única lonxa do mundo que combina a tradición da poxa oral coa automatización”.

BURELA, UN REFERENTE TAMÉN NO DEPORTIVO

Falar de Burela no só significa pensar nun punto de referencia incuestionable no sector pesqueiro, que a sitúa no mapa cun dos portos máis importantes a nivel internacional. Burela é tamén deporte, é un referente no mundo do fútbol sala que acaba de acoller esta mesma fin de semana unha competición de primeira orde estatal.

Llano tamén quixo agradecer á Federación Española de Fútbol Sala que “elixira Burela para disputar a Copa de España Xuvenil de futsal, na que os mellores equipos nacionais se deron cita no Vista Alegre, unha honra para todos nós e un espectáculo deportivo moi motivador para todos os veciños e veciñas, especialmente para a xente máis nova”.

En definitiva, o alcalde destacou que “son moitos os ámbitos nos que Burela se promove como localidade onde se concentra un gran dinamismo que contribúe a que se coñeza e recoñeza, como no sector pesqueiro, cultural e, por suposto, o deportivo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...