InicioCentralBurelaDía do Neno en Burela para o 3 de xullo con xogos...

Día do Neno en Burela para o 3 de xullo con xogos inchables e para todas as idades

Habilitaranse distintos xogos, inchables e obradoiros na praza da Mariña e na praza do Concello para goce do público infantil, ao que a área de Cultura quixo dar o seu espazo celebrando este día dirixido aos máis pequenos e pequenas das familias de Burela.

Publicada o

- Advertisement -

A Delegación de Cultura do Concello de Burela anuncia que celebrará o Día do Neno o próximo domingo 3 de xullo despois de dous anos sen poder realizarse. Nesta ocasión, non será no marco das festas patronais senón que a data trasládase ao inicio do verán.

Habilitaranse distintos xogos, inchables e obradoiros na praza da Mariña e na praza do Concello para goce do público infantil, ao que a área de Cultura quixo dar o seu espazo celebrando este día dirixido aos máis pequenos e pequenas das familias de Burela.

Segundo afirmou o edil de Cultura, Jose Díaz, “retomamos este día porque sabemos que durante as festas patronais non se puido facer, houbo que priorizar e por cuestións orzamentarias quedou pendente, polo que desde o concello ofreceremos o Día do Neno igualmente, nesta ocasión no primeiro domingo de xullo”. Díaz amosou o seu apoio á Comisión das Festas, “catro mulleres ás que felicitamos por todo o traballo que fixeron, por sobrepoñerse e superar todos os contratempos e por sacar adiante as festas cunha xestión que permitiu a miles de persoas gozar das patronais despois do parón tras a pandemia”.

Agora, co obxectivo de manter esta cita xa instaurada desde hai moitos anos, colocaranse en horario de mañá, de dez a dúas, os elementos de xogo, separando por idades. Así, na praza da Mariña concentraranse os inchables e obradoiros para nenas e nenos máis pequenos, e na praza do Concello para idades máis avanzadas. Jose Díaz convidou a todos os veciños a participar e desfrutar deste día, que acostuma ter unha moi boa acollida no municipio.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...