InicioCentralBurelaO PP de Burela sinala que goberno local coñecía cal era a...

O PP de Burela sinala que goberno local coñecía cal era a situación da lancha de salvamento ‘Carmela’

Os populares aclaran que “o alcalde sabía da súa situación dende, polo menos, fai dous anos cando foron advertidos polo Grupo Municipal Popular que tamén propuxo alternativas para conservar a lancha en Burela”.

Publicada o

- Advertisement -

O voceiro do PP no Concello de Burela, Manuel Rouco, sinala que “os veciños de Burela non lle pagamos ao alcalde para mentir, senón para xestionar da mellor forma posible os asuntos que afectan ao noso Concello”. Así o manifestou Manuel Rouco tralas declaracións do alcalde da localidade, Alfredo Llano, en relación ao desmantelamento da ‘Carmela’, a lancha de salvamento da Cruz Vermella.

Rouco aclara que “o alcalde e o seu goberno coñecía a situación da lancha dende, polo menos, fai dous anos cando o Grupo Municipal Popular levou ao pleno esta advertencia e, ao mesmo tempo, unha alternativa que permitise darlle outro uso á embarcación como monumento nalgún espazo público de Burela”. Polo tanto, “o alcalde tivo tempo para tomar unha decisión encamiña a conservar en Burela unha parte da súa historia e unha embarcación moi importante para moitos veciños. Pero mirou para o outro lado, algo que é habitual no seu proceder”.

Rouco explica tamén que “Portos de Galicia trasladou a necesidade de retirar a ‘Carmela’ do porto por cuestións de seguridade, como xa ten explicado. Foi a Cruz Vermella -a titular da embarcación- a que decidiu desmantelar a ‘Carmela’ ao tratarse da opción menos custosa ao ter en conta que o Concello de Burela non colaborou para salvala como si fixeron outros numerosos concellos da costa”.

Os populares de Burela lamentan que “o alcalde trate de culpar da situación da embarcación aos veciños que realizan de forma altruísta as labores de conservación e que, durante anos, mantiveron a ‘Carmela’ no mellor estado de conservación posible”. O voceiro do PP local incide en que “estas declaracións son unha mostra do seu proceder habitual: non fai nada e culpa aos demais ante a súa falta de decisións”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...