InicioCentralBurelaA Escola Municipal de Música de Burela abre o prazo de matrícula...

A Escola Municipal de Música de Burela abre o prazo de matrícula para novo alumnado

Para formalizar a matrícula ou resolver calquera cuestión, a escola permanecerá aberta, nas datas indicadas, en horario de 10 a 14 horas nas instalacións da Rúa da Igrexa, no edificio da Casa da Xuventude. Pódese atopar tamén información en Facebook, na páxina da Escola Municipal de Música de Burela.

Publicada o

- Advertisement -

A Escola Municipal de Música de Burela abre o día 1 e ata o día 15 de xullo, o prazo de matrícula para novos alumnos na Escola Municipal de Música de Burela.

Como en anos anteriores a escola impartitá as especialidades de canto, guitarra, violín, viola, violonchelo, contrabaixo, piano, frauta, clarinete, óboe, fagot, saxofón, trompeta, trombón, trompa, bombardino…,con prazas limitadas, así como clases de grupo de diversas formacións coma orquestra, banda, grupo de coro, grupo de Jazz e música moderna, clases de formación musical para adultos e clases de formación musical para nenos dende os catro anos.

Para formalizar a matrícula ou resolver calquera cuestión, a escola permanecerá aberta, nas datas indicadas, en horario de 10 a 14 horas nas instalacións da Rúa da Igrexa, no edificio da Casa da Xuventude. Pódese atopar tamén información en Facebook, na páxina da Escola Municipal de Música de Burela.

O vindeiro luns, dia 4 de xullo, dará comezo o XII Curso de Música de Verán, que a Escola de Música ofrece de xeito gratuíto. Esta edición do curso interdisciplinario de verán, titulado “Un concerto de película” está inspirada na música de cine,e destinado a todos os nenos e nenas dende 4 anos en diante , e adultos que queiran participar.

A asistencia ao curso é gratuíta, celebrándose os días 4, 5, 6, 7 e 8 de xullo en horario de 10:30 a 13:00h. nas instalacións da Escola Municipal de Música, e o día 8 de xullo pola tarde haberá un concerto final no Auditorio Municipal de Burela. Durante o curso realizaranse actividades musicais, construción de instrumentos e fabricación de vestiario, asemade tamén poderán participar doutras actividades musicais organizadas dentro deste curso interdisciplinario de verán 2022. Xunto cos rapaces, os pais que desexen colaborar coa confección de vestiario poderán anotarse no boletín de inscrición.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...