- Advertisement -
A Escola Municipal de Música de Burela iniciou esta semana o seu XII Curso Interdisciplinario de Verán que organiza anualmente. Durante a primeira semana terán lugar as actividades musicais destinadas aos máis pequenos e aos grupos de formación de orquestra.
O venres día 8 pola tarde no Auditorio da Casa de Cultura de Burela, todos os participantes ofrecerán un concerto coas pezas traballadas durante esta semana.
Nas vindeiras semanas ofreceranse os talleres de Jazz e de Agrupación de Banda. A inscrición para este curso 2022-2023 continúa aberta até o día 15 cde xullo.