Durante o 5 e o 6 de xullo desenvólvense no taller de Mecanizado do IES Perdouro, as Xornadas Técnicas de soldadura robotizada con Road Show de Binzel.
A petición da empresa Ángel Vizoso S.L., Binzel presenta no IES Perdouro un robot de soldadura con visión artificial capaz de detectar as pezas que ten que soldar, corrixir a traxectoria se hai algún erro, limpar o cabezal para que o cordón de soldadura quede uniforme etc. O operario non ten máis que introducir no programa unha serie de parámentros e o robot fai o resto.
Á parte disto, conta con aspiración, o que protexe a saúde do soldador e das persoas que poidan estar ao seu redor, algo que será obrigatorio en breve en calquera posto de traballo no que se precise soldar.
Contan tamén con robots imantados que permiten soldar amplas superficies en barcos ou instalacións nas que teñan que traballar en paredes verticais.
As empresas ou persoas interesadas poden inscribirse no seguinte enlace da páxina https://angelvizoso.com/. O horario das xornadas é de 9:00 a 19:00h durante o martes 5 e o mércores 6 de xullo.