
O ministro de Pesca anuncia en Burela que pedirá a Bruxelas levantar o veto á pesca de fondo
O ministro de Pesca lembrou que hai uns días a Comisión Europea "manifestou publicamente" que "tiña intención de determinar por un regulamento de execución da UE" determinadas áreas marítimas vulnerables, coa consecuente "prohibición ou diminución moi significativa" da actividade pesqueira.
