Burela izará bandeiras azuis nas praias do Portelo, Ril e A Marosa este venres

O delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixo entrega das bandeiras en días pasados ao alcalde de Burela.


Burela realizará mañá o izado das bandeiras azuis nas praias do Portelo, Ril e A Marosa.

O delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixo entrega das bandeiras en días pasados ao alcalde de Burela.

Comezará ás 12:30h na praia do Portelo, continuará na praia do Ril e finalmente na praia da Marosa.

O izado das bandeiras, garantes da calidade das augas e servizos que ofrecen os areais, indican que estes espazos xa están acondicionados para desfrute de veciños e visitantes.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here