InicioCentralBurelaO Concello de Burela abre o período para a contratación de persoal...

O Concello de Burela abre o período para a contratación de persoal contraincendios a patir deste sábado até o mércores

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, informou da publicación das bases e animou “ás persoas que poidan estar interesadas a que participen do proceso e aproveiten esta oportunidade”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela abre o proceso selectivo para cubrir 4 prazas da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, en concreto, dúas delas convocaranse para peóns, unha para peón condutor e outra para capataz.

As bases sairán publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) deste venres 22 de xullo, cun prazo de presentación de solicitudes de 5 días naturais desde o día seguinte á publicación, é dicir, desde o sábado 23 ao mércores 27 de xullo. Polo tanto, as persoas interesadas poderán presentar as instancias de forma telemática desde o sábado ata o mércores incluído, e de xeito presencial tanto o martes 26 como o mércores 27 de xullo nas oficinas de rexistro do concello.

A brigada contra incendios forestais que se forme do proceso de selección operará en Burela durante un período de 3 meses. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, informou da publicación das bases e animou “ás persoas que poidan estar interesadas a que participen do proceso e aproveiten esta oportunidade”.

As persoas interesadas poderán apuntarse desde este sábado ata o próximo mércores incluído, tanto de forma telemática como presencialmente no Concello o martes ou o mércores. 

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...