A II Edición do Tapeo de Bonito en Burela irá do 28 de xullo ao 7 de agosto con nove locais participantes

Veciños e visitantes poderán gozar da frescura e cualidades deste túnido, así como das dotes culinarias da hostalería burelesa, que presentarán aos seus clientes o produto con receitas tradicionais e de vangarda que potencian o seu sabor.


A segunda edición do Tapeo Bonito comezará na hostalería de Burela a partir deste xoves 28 de xullo e ata o domingo 7 de agosto, día no que finaliza a XXXVI Feira do Bonito que se retoma despois de dous anos de parón por mor da pandemia da Covid-19.

Neste programa organizado pola Asociación Ledicia xunto co Concello, e no que colabora ABSA, participarán un total de nove establecementos da localidade con pratos e tapas que enxalzarán esta xoia gastronómica ao longo de dúas semanas, coincidindo coa estrea neste 2022 do nomeamento da Feira do Bonito como de Interese Turístico Nacional. Veciños e visitantes poderán gozar da frescura e cualidades deste túnido, así como das dotes culinarias da hostalería burelesa, que presentarán aos seus clientes o produto con receitas tradicionais e de vangarda que potencian o seu sabor.

A vila mariñeira de Burela é a capital galega do Bonito do Norte e unha das máis importantes do mundo polo seu porto, que é un referente internacional tanto polo volume de capturas como polos métodos de pesca sostibles e respectuosos co medio. O desenvolvemento socio económico do municipio ten moito que ver con isto, polo que son moitos os axentes que se implican con esta feira de exaltación do bonito, incluíndo, como non podía ser doutro xeito, a hostalaría local.

Da imposibilidade de realizar este evento gastronómico o ano pasado polas circunstancias sanitarias, dunha crise, saíu unha oportunidade, que foi a posta en marcha das I Xornadas na Honra da Feira do Bonito en bares, cafeterías e restaurantes da vila, acollido cun gran éxito e que este ano decidiuse repetir.

LOCAIS PARTICIPANTES

Os nove establecementos participantes no II Tapeo Bonito ofrecerán preto de 30 pratos e tapas de bonito presentadas en distintas receitas e elaboracións.

A Lonxa presentará 5 pratos: “Bonito de Burela macerado en cítricos”, “Bonito de Burela á Lonxa”, “Rolo de Bonito de Burela”, “Ventresca de Bonito á prancha” e “Bonito de Burela á prancha”, en horario de 13 a 16 horas e de 20:30 a 23 horas, agás os domingos.

A´Mares presentará tapas de “Zorza de Bonito de Burela con berberechos” e “Sorretintinos recheos de Bonito de Burela con salsa estilo A´mares”, de 20:30 a 23 horas salvo o domingo 7 de agosto.

O Restaurante Arenal porá pratos de “Bonito de Burela en salsa”, de 13 a 15:30 horas e de 20 a 23 horas, pechando só os domingos.

Na Terraza do Nordés haberá pratos de “Ventresca de bonito de Burela á brasa” e “Bonito de Burela á brasa”, todos os días da semana de 13 a 16 horas e de 20:30 a 23:30 horas.

Boas Migas servirá “Hamburguesa de Bonito de Burela con alioli de allo negro, cebola crispy, mozzarella, queixo e leituga en pan de tinta de calamar”, en horario de 13 a 16 horas e de 20:30 a 23:30 horas todos os días de semana.

Casa Miranda tamén participará, desvelando próximamente as súas receitas.

Contraste Food & Drinks porá como tapas o “Bonito de Burela en salsa de tomate” e o “Salpicón de Bonito de Burela con gambas”, e como pratos, tamén o “Bonito de Burela en salsa de tomate”, “Ventresca de Bonito á prancha con patacas fritas e ensalada” e “Hamburguesa Gourmet de Bonito de Burela con salsa de soja”, en horario de cociña agás os domingos.

O Restaurante Sargo ofrecerá tapas de “Tosta de Bonito de Burela con pementos”, “Zorza de Bonito de Burela con berberechos” e “Brocheta de Bonito de Burela”. Tamén Terán pratos de “Salpicón de Bonito de Burela”, “Empanada caseira”, “Marmitako de Bonito de Burela”, “Rolo de Bonito de Burela”, “Roda de Bonito de Burela estilo Sargo” e “Ventrecha de Bonito de Burela á prancha”, servindo os pratos en horario de cociña e as tapas os xoves a partir das 20 horas.

Finalmente, no Vista Alegre terán pratos de “Salpicón de Bonito de Burela”, “Raxo de Bonito de Burela e “Bonito de Burela en salsa de allí”, de 13 a 15:30 e de 20 a 23:15 horas todos os días.

O Concello de Burela pon a disposición de todas as persoas interesadas a información completa con fotografías a través da seguinte ligazón: https://burela.org/gl/ii-tapeo-bonito# , convidando a todos os veciños, veciñas e visitantes a que visiten a hostalería local e desgusten este produto exquisito.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here