InicioCentralBurelaComezan as obras de reparación de beirarrúas en Burela cun orzamento de...

Comezan as obras de reparación de beirarrúas en Burela cun orzamento de case sesenta mil euros

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o tenente de alcalde e responsable político de obras, Ramiro Fernández, acudiron esta mañá ata o lugar onde se van iniciar os traballos, na rúa Nosa Señora do Carme, para falar co persoal técnico encargado da obra e supervisar a planificación na execución.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela inicia hoxe as obras que servirán para reconstruír a beirarrúa de Nosa Señora do Carme, no tramo comprendido entre as rúas da Lamestra e Eijo Garay.

Os traballos que se porán en marcha substituirán todos os bordos e a capa de acabado, instalando tamén farolas nunhas isletas habilitadas fóra da propia beirarrúa. Para iso, demolirase o actual pavimento, repoñendo as baldosas cun deseño integrado e similar ao aplicado na contorna. Ademais, instalarase un novo cableado con toma de terra, poñendo os bordos da calzada con hormigón.

Desde a Delegación de Urbanismo do Concello de Burela explicaron que a obra ten un prazo de execución de dous meses e un orzamento total de 57.517,24 euros, financiada con fondos municipais dos remanentes de tesourería que o goberno agora pode destinar a este tipo de accións froito dunha boa xestión económica previa.

A empresa encargada da obra é tamén a adxudicataria da mellora da segunda fase que se realizará na rúa Rosalía de Castro en canto rematen esta, pola que decidiron comezar ao ter unha menor afluencia de tráfico.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o tenente de alcalde e responsable político de obras, Ramiro Fernández, acudiron esta mañá ata o lugar onde se van iniciar os traballos, na rúa Nosa Señora do Carme, para falar co persoal técnico encargado da obra e supervisar a planificación na execución.

Ambos dirixentes concordaron na necesidade “de renovar esta zona para mellorar a seguridade tanto das persoas que a transitan como dos vehículos”, investindo “nesta e noutras zonas da vila para renovar as estradas e beirarrúas e polo tanto, mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...