InicioCentralBurelaCerámica artística en Burela para remodelar a ponte sobre a rúa Eijo...

Cerámica artística en Burela para remodelar a ponte sobre a rúa Eijo Garay

O proxecto súmase ao Burela IN e o festival Amarte como un paso máis no embelecemento da vila e a aposta pola arte urbana.

Publicada o

- Advertisement -

A delegación de Cultura do Concello de Burela anunciou esta mañá que as obras de remodelación que se están a facer na ponte sobre a rúa Eijo Garay incluirán unha cerámica serigrafiada con motivos relacionados co mar e co municipio.

Realizarase na zona central da obra unha composición con esta cerámica, lucindo nunha ponte “que xa precisaba unha mellora” por levar un tempo “presentando un aspecto bastante desolador”, segundo asegurou o edil de Cultura, Jose Díaz.

Foron moitos os trámites administrativos realizados para poder iniciar esta obra, principalmente o de “conseguir a aceptación de Adif, os propietarios da ponte, xa que consideraban que non estaba o suficientemente deteriorada para acometer ningún tipo de actuación, polo que foi o concello quen se fixo cargo”, explicou Díaz.

Unhas obras de remodelación e “sobre todo artísticas” que se suman nesta rúa ao proxecto Burela IN, o mural elaborado por Martín Lestao e Belén Mogo, e ao muro do Festival Amarte na zona portuaria. “Semella que se lle podería dar un segundo nome a esta zona como rúa da arte, un espazo do municipio onde se aprecia á perfección o cariz artístico que se lle está dando a Burela”, comentou o concelleiro.

“Con todas estas cousas e máis que se podan facer contribúese a poñer un pouco máis fermoso o pobo, porque cando vivimos nun lugar que nos gusta e do que nos sentimos orgullosos tamén estamos máis cómodos”, sinalou Díaz na presentación dunha nova iniciativa que aposta pola arte urbana e por diferentes expresións artísticas que embelecen as rúas, “algo a destacar e que estamos incentivando e motivando en Burela”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...