O PP de Burela acusa ao goberno local de “espabilar despois das denuncias públicas do PP”

Acusan as actuacións do goberno municipal de "cúmulo de despropósitos".


O PP de Burela acusa de “incapacidade de xestión” ao goberno local. Os populares aseguran ter recibido queixas dos veciños ante a “falta de planificación” nas obras de renovación do asfaltado da rúa Camiño Real que dá acceso aos IES Perdouro e IES Monte Castelo. “Acaba de dar comezo o curso escolar, pero esta zona que limita cos recintos educativos do Perdouro está sen pintar”, explican desde o PP burelés.

O voceiro popular en Burela, Manuel Rouco, considera que por esta situación hai un “risco para os menores que comezaron o curso escolar e que non teñen os pasos de peóns debidamente sinalizados”. Rouco denuncia a falta de planificación por parte do alcalde, Alfredo Llano e o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández.

Rouco explica que “isto non é máis que un suma e segue na lista de despropósitos do goberno de Burela que o único que fai é improvisar no seu día a día”. A isto engade que “outra denuncia pública do PP fixo espabilar ao goberno local para subsanar as deficiencias na rúa Camiño Real que estaba a escuras”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here