Axentes da Garda Civil de Lugo detiveron nas últimas horas un home veciño de Burela como presunto autor dunha agresión sexual a unha menor, ocorrida a mediados do mes de agosto na localidade de Cervo.
Segundo informaron fontes do Instituto Armado, os feitos denunciados ocorreron no marco da Queimada Popular o fin de semana do 20 de agosto e iniciouse unha investigación que culminou coa identificación e localización do presunto autor da agresión. Así, trátase dun veciño de Burela, maior de idade, que foi detido este luns nesa mesma localidade lucense.
Por outra banda, a Garda Civil tamén investiga outra suposta agresión sexual a unha menor, neste caso ocorrida durante as festas patronais da pasada semana en Ribadeo. Os investigadores xa identificaron o presunto autor deses feitos e iniciáronse as dilixencias para localizalo, polo que é previsible que sexa detido nas próximas horas.