InicioEconomíaAs traballadoras do Consorcio Galego foron recibidas polo alcalde de Burela para...

As traballadoras do Consorcio Galego foron recibidas polo alcalde de Burela para coñecer os seus reclamos

As traballadoras están en folga desde o 5 de setembro e denuncian estar en risco de perder os seus postos de traballo.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, recibiu esta mañá a un grupo de traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, dependente da Xunta de Galicia, en folga desde o 5 de setembro para reclamar un proceso de estabilización dos postos de traballo “máis xusto”.

Así llo trasladaron ao alcalde, subliñando que existe o risco de perder os postos de traballo (1.500 en total), dos cales o 90% son contratos temporais e asumidos por mulleres en escolas infantís, oficinas de inclusión, centros de día, etc.

“As traballadoras afirman que non se tería en conta a súa experiencia laboral á hora de estabilizar os postos, que nalgúns casos é de 15 anos desempeñando o seu traballo, unha situación que sorprende e ante a cal eu falarei persoalmente co xerente do consorcio”, afirmou Llano.

A folga iniciada neste mes de setembro prolongarase ata decembro (en períodos de 15 días) motivada polo desacordo na aplicación da norma e no procedemento establecido, que segundo afirman, “prexudícanos porque non están a ter en conta as circunstancias do consorcio como ente diferenciado da Xunta”, pedindo que “se equipare con entes xuridicamente iguais e que se nos escoite”.

O rexedor mantivo este encontro para escoitar as peticións respecto da súa situación laboral, interesándose pola información trasladada e comprometéndose a falar co xerente para buscar unha solución consensuada e tendo en conta a situación destas persoas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...