InicioCentralBurelaMuxía acolle a última etapa de "Orixe & Destino Galicia" que promociona...

Muxía acolle a última etapa de “Orixe & Destino Galicia” que promociona a pescada do pincho de Burela

Esta campaña denomínase "Orixe & Destino Galicia" porque a pescada do pincho parte desde a lonxa de Burela e volve a Galicia seguindo o Camiño de Santiago a través de dez etapas.

Publicada o

- Advertisement -

O Parador Costa da Morte, en Muxía, acolle esta fin de semana a décima e última etapa da campaña “Orixe & Destino Galicia”, coa que a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo promociona a pescada do pincho da lonxa de Burela a través dos restaurantes da rede de Paradores situados en diferentes rutas do Camiño de Santiago.

A “Merluza de Burela” toma o ‘Camiño de Fisterra e Muxía’ para poñer fin as súas “Rutas Xacobeas” 2022 e achegarse ao punto que durante centos de anos se considerou como a última esquina da terra.

O restaurante do Parador Costa da Morte ofrece ata o domingo 18 de setembro a receita “Pescada do pincho de Burela, ameixa de Carril, muselina de cabaciña e leituga de mar”.

Esta campaña denomínase “Orixe & Destino Galicia” porque a pescada do pincho parte desde a lonxa de Burela e volve a Galicia seguindo o Camiño de Santiago a través de dez etapas. Unha completa volta ao mapa de España desde a “Orixe”, no porto de Burela hai dez semanas, ata o “Destino”, de novo Galicia despois de percorrer 4321 quilómetros e visitar dez paradores de turismo, nove rutas xacobeas do Camiño de Santiago e nove provincias de oito comunidades autónomas.

Desde Santiago de Compostela ata Muxía percorrendo boa parte da xeografía española: Vic-Barcelona (Camino Catalán), Gibralfaro-Málaga (Camino Mozárabe), Trujillo- Cáceres (Vía de la Plata), Chinchón-Madrid (Camino de Madrid), Sigüenza-Guadalajara (Ruta de la Lana), Calahorra-La Rioja (Ruta del Ebro), Lerma-Burgos (Camino Francés) e Baiona-Pontevedra (Camiño Portugués).

Esta campaña, que se inclúe no Plan de Produción e Comercialización de OPP Lugo e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP, combina a calidade do produto pesqueiro de Burela, coa colaboración de Armadores de Burela, a gastronomía de Paradores e os roteiros do Camiño de Santiago.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...