InicioCentralBurelaBurela celebra a primeira recollida de produtos saídos das hortas urbanas

Burela celebra a primeira recollida de produtos saídos das hortas urbanas

Cada persoa poderá levar os produtos que desexe para compartir nesta merenda social, e o concello habilitará mesas e aportará a animación musical.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela celebrará este venres 23 de setembro a primeira colleita dos hortos urbanos cunha xuntanza entre todos os usuarios. Será a partir das 18 horas no espazo alugado polo concello para o cultivo.

Cada persoa poderá levar os produtos que desexe para compartir nesta merenda social, e o concello habilitará mesas e aportará a animación musical. Tamén asistirán técnicos da Deputación de Lugo que participaron nas formacións sobre os hortos urbanos.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, convidou a participar “nesta xornada de convivencia para celebrar que o traballo destes meses dá os seus froitos, compartindo a experiencia entre todas as persoas, un punto moi importante desta iniciativa, a interacción social”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...