InicioEconomíaBurela recolle sinaturas contra o veto á pesca de fondo elaborado pola...

Burela recolle sinaturas contra o veto á pesca de fondo elaborado pola UE

As vedas á pesca traerán consecuencias negativas e mesmo letais para arredor de 200 barcos de capital galego, afectando a outros 800 debido ao desprazamento do labor pesqueiro e á sobrecarga de moitas outras zonas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela recolle sinaturas no edificio consistorial para recabar apoios ao sector pesqueiro contra o veto ao arrastre aprobado pola Comisión Europea en 87 zonas de augas comunitarias. A imposición do organismo europeo suporía un duro golpe á frota de A Mariña e pon en xaque un sector económico fundamental da localidade e comarca.

O alcalde, Alfredo Llano, anunciou esta mañá que “poñemos a disposición de toda a veciñanza un manifesto pola pesca, o marisqueo, a acuicultura e a cadea mar-industria europeas como rexeitamento das medidas anunciadas da prohibición da pesca de fondo”, co obxectivo de “facer presión e forzar un cambio de postura inmediato”.

As vedas á pesca traerán consecuencias negativas e mesmo letais para arredor de 200 barcos de capital galego, afectando a outros 800 debido ao desprazamento do labor pesqueiro e á sobrecarga de moitas outras zonas. A norma traerá consigo a perda de caladoiros para as frotas de palangre, enmalle e arrastre, cun evidente prexuízo económico, supoñendo tamén un retroceso na práctica diaria co consecuente aumento de traballo para as tripulacións e os custos operativos para os buques.

O regulamento inclúe ademais elementos de dubidoso sustento legal e científico na opinión maioritaria do sector e de xuristas de recoñecido prestixio, efectuándose a súa tramitación con escasa consulta e transparencia.

“Queremos acadar todo o apoio cidadán posible para paralizar a entrada en vigor do regulamento, pois do contrario, o sector terá que facer fronte a unha crise sen precedentes”, afirmou Llano, facendo fincapé “na importancia da mobilización social, a presión institucional e a unión de todos os axentes implicados e afectados”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...