InicioEconomíaO alcalde de Burela tacha de "barbaridade" o veto á frota de...

O alcalde de Burela tacha de “barbaridade” o veto á frota de fondo

Sobre un centenar de embarcacións da Mariña están afectadas pola prohibición da pesca de fondo e ao redor de 1.000 empregos.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, tachou de “barbaridade” o veto de Europa á pesca de fondo en 87 zonas que entrará en vigor a partir do 9 de outubro. Llano reivindicou que en “Burela sempre se pescou respectando as especies, respectando o medio e sendo unha pesca sustentable”, para, a continuación, afear que “así ás toas, soamente se diga dun lado que hai que cortar iso, o que é, desde logo, moi serio e un desprezo ao sector e a xente que vive del”.

O rexedor mariñán reivindicou que “aquí tería que haber unha mesa de negociacións ou algo desde onde se puidese discutir como facer, sen coller de vez e prohibir a actividade a partir do 9 do próximo mes”. “Isto non é serio. Hai que ter máis peso representativo en Europa”, reclamou.

Alfredo Llano estimou que “entre un oitenta e un noventa por cento dos barcos de Burela se atopan afectados” coa prohibición que impón Bruxelas. A continuación alertou que “isto vai repercutir en todo, tanto a nivel socioeconómico e está claro no sector da pesca, afectando tanto á pesca de altura como de baixura”. “E a lonxa de Burela tamén queda tocada“, advertiu.

Así, o alcalde de Burela avanzou que están nunha campaña de “recollida de firmas” e engadiu que “haberá que facer algo máis para que non se aplique este veto a partir do 9”, deixando a porta aberta á convocatoria de mobilizacións.

“Isto salpica todos os sectores do municipio, e tamén da Mariña”, lamentou finalmente. Sobre un centenar de embarcacións da Mariña están afectadas pola prohibición da pesca de fondo e ao redor de 1.000 empregos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...