InicioCentralBurelaCursos de español e galego organizados pola Concellaría de Integración de Burela

Cursos de español e galego organizados pola Concellaría de Integración de Burela

“Entendemos que o bo coñecemento e o bo uso do idioma é un dos motores principais para a integración”, explicou a concelleira Noelia Ben.

Publicada o

- Advertisement -

O Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración do Concello de Burela vai organizar de novo unha acción formativa de alfabetización de persoas adultas para a aprendizaxe dos idiomas da nosa Comunidade.

Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo, dando comezo o vindeiro 3 de outubro.

Con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral das persoas estranxeiras, xa que “entendemos que o bo coñecemento e o bo uso do idioma é un dos motores principais para a integración”, explicou a concelleira Noelia Ben.

Ante calquera dúbida, poderán solicitar máis información na Casa do Concello ou ben chamando ao 982 586 000 ou 982 580 609.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro denuncia que o Centro de Saúde “segue igual a pesar das promesas da Xunta”

O Concello de Viveiro continúa a denunciar a situación do Centro de Saúde do...

Ribadeo prende as luces do Nadal 2023-2024

Co acendido esta tarde do alumeado Ribadeo deulle á benvida ao Nadal. O alcalde,...

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...