InicioCentralBurelaClausura do proxecto Burela In, un expositor para poñer en valor iniciativas...

Clausura do proxecto Burela In, un expositor para poñer en valor iniciativas sociais, pesqueiras e municipais

“A satisfacción de ver todas as accións xa rematadas e a implicación social nun momento no que é prioritario dar apoio ao sector pesqueiro, e tamén agradecer a todas as asociacións de corte social que traballan en Burela de xeito excepcional”, afirmou o alcalde, Alfredo Llano.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela vén de clausurar o proxecto Burela IN, unha iniciativa promovida a través da Delegación do Mar e Servizos Sociais que fomentou a economía circular mediante a colaboración de entidades de inclusión social, sector pesqueiro e Concello de Burela ao longo de dúas anualidades.

A xornada final reuniu ás entidades participantes para poñer en valor todo o traballo realizado e subliñar “a satisfacción de ver todas as accións xa rematadas e a implicación social nun momento no que é prioritario dar apoio ao sector pesqueiro, e tamén agradecer a todas as asociacións de corte social que traballan en Burela de xeito excepcional”, afirmou o alcalde, Alfredo Llano.

Foron entidades colaboradoras do proxecto Burela IN a Fundación Eu Son, a Asociación Saúde Mental A Mariña, Afan, A Mariña Sen Plástico, as Redeiras Cabo Burela, o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo, a Asociación Tá en Artes, Neira Brochs, a Confraría de Pescadores, a Fundación Expomar, os artistas locais Belén Mogo e Martín Lestao, a Consellería do Mar e o Galp Mariña-Ortegal, que financia este proxecto.

A concelleira de Servizos Sociais e Mar quixo destacar que “na xornada final a intención foi que todos eles ocuparan un lugar principal por ser os protagonistas, agradecéndolles enormemente o seu compromiso con esta iniciativa que se cadra ten máis valor aínda nestes días duros para o sector pesqueiro”, explicou, incidindo na necesidade de “crear redes entre toda a sociedade para facer unha fronte común e que todas e todos nos sintamos parte do que somos: unha vila que vive do mar e que loita por crear un futuro sostible compartido por todas as persoas e integrando todas as realidades”.

A Casa da Cultura acolleu esta última xornada cun espazo habilitado para a exposición de produtos elaborados polas entidades de inclusión social, así como a mostra itinerante de A Mariña Sen Plástico que se poderá visitar de luns a venres en horario de 11 a 13 e de 18 a 20 horas.

Deron a benvida aos asistentes o alcalde de Burela, Alfredo Llano, o presidente do Galp A Mariña-Ortegal, Javier Martínez, o deputado de Participación Cidadá da Deputación de Lugo, Roberto García, e o xefe territorial de Lugo da Consellería de Política Social, Javier Vázquez.

Realizouse unha mesa redonda coa presenza de representantes do propio concello, así como das entidades de inclusión social participantes, A Mariña Sen Plástico e Redeiras Cabo Burela. Proxectouse o vídeo do Burela IN e, para finalizar a xornada, autoridades, participantes e veciños contemplaron a exposición coordinada por A Mariña Sen Plástico, e tamén visitaron a obra dos artistas locais Belén Mogo e Martín Lestao, situada na contorna do porto de Burela.

Desde o Concello fixeron unha valoración moi positiva do Burela IN e das “sinerxias creadas entre todos os colectivos e entidades que participaron, involucrándose dunha forma exemplar e, por unha banda, concienciando á sociedade do importante de respectar o medio ambiente mariño e costeiro, e por outra, embelecendo o pobo con obras artísticas e mostras que aproveitan os recursos e refugallos derivados das actividades do mar e pesqueiras para demostrar que se lles pode dar unha segunda vida”.

Toda a información sobre o proxecto https://burela.org/gl/burela

Vídeo resumo https://www.youtube.com/watch?v=ca5aKBDqWFs

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...