InicioCentralBurelaBurela abre o prazo de inscrición para o curso de Taekwondo Tradicional

Burela abre o prazo de inscrición para o curso de Taekwondo Tradicional

O curso inicia o venres 7 de outubro e finaliza en xuño.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela informa do curso organizado pola Asociación Galega de Taekwondo Tradicional e Disciplinas Asociadas coa colaboración do Concello.

A actividade estará destinada a nenas e nenos a partir de 5 anos, podendo asistir sós ás clases ou ben cos pais e nais. Tamén poden inscribirse persoas adultas.

Ofértase taekwondo infantil, competición, especial combate e defensa persoal específica para mulleres.

As reservas de praza realizaranse nas oficinas de información do Concello, con matrícula gratuíta. O custo da actividade serán 10€/mes.

Impartirase no Centro de Formación Ocupacional sito na avenida Arcadio Pardiñas,137 entresuelo en horario ou de 17:30 a 18:30h ou de 18:30 a 19:30h.

O curso inicia o venres 7 de outubro e finaliza en xuño.

Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao número de teléfono 652 710 392.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...