InicioCentralBurelaO IES Perdouro inaugura o mural "O Berro Vegliota" de Iago Eireos,...

O IES Perdouro inaugura o mural “O Berro Vegliota” de Iago Eireos, homenaxe a Reimundo Patiño

Eireos é pintor e fotógrafo ademais de fundador do Espacio Lupa Arte e organizador na cidade de Lugo do festival de arte urbana e muralismo Cult Urbán, que xa vai pola súa 3ª edición.

Publicada o

- Advertisement -

O IES Perdouro de Burela inaugurou este luns 3 de outubro o mural “O berro vegliota” do artista lucense Iago Eireos.

Este pintor e fotógrafo é o fundador de Espacio Lupa Arte e organizador na cidade de Lugo do festival de arte urbana e muralismo Cult Urbán, que xa vai pola súa 3ª edición.

Grazas á Deputación de Lugo, que convocou un certame durante o curso pasado para homenaxear ao ilustrador Reimundo Patiño, o IES Perdouro pode contar hoxe con esta obra nun dos seus muros. Foron varios os muralistas que participaron nesta convocatoria para recoñecer o papel de Reimundo Patiño (1936-1985), autor do cómic O home que falaba vegliota, considerado a obra fundacional da banda deseñada en galego.

O artista Iago Eireos quixo representar neste mural a vitoria de Reimundo Patiño na súa defensa das linguas minorizadas, especialmente da lingua galega.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...