InicioCentralBurelaBurela inicia accións formativas para a mellora da integración de persoas estranxeiras

Burela inicia accións formativas para a mellora da integración de persoas estranxeiras

Esta acción tamén pode ser útil para iniciarse na formación acreditando a asistencia ás accións formativas de coñecemento e respecto dos valores constitucionais de España, dos valores estatuarios de Galicia, dos valores da Unión Europea, así como dos dereitos humanos, liberdades públicas, democracia, tolerancia e igualdade entre homes e mulleres.

Publicada o

- Advertisement -

O programa de atención a inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración do Concello de Burela impartirá accións formativas para axudar a alcanzar un bo grao de integración ás persoas estranxeiras. Desenvolveranse un total de tres cursos financiados pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

O curso de esforzo de integración terá unha duración de 24 horas e será impartido nas instalacións do Concello de Burela. No regulamento de estranxeiría existe a posibilidade da emisión de informes de esforzo de integración que poden ser válidos para as renovacións de autorizacións. Esta acción tamén pode ser útil para iniciarse na formación acreditando a asistencia ás accións formativas de coñecemento e respecto dos valores constitucionais de España, dos valores estatuarios de Galicia, dos valores da Unión Europea, así como dos dereitos humanos, liberdades públicas, democracia, tolerancia e igualdade entre homes e mulleres.

O segundo dos cursos sería o preparatorio da proba de coñecementos constitucionais e socioculturais de España para a adquisición da nacionalidade española. A temática deste obradoiro é coñecer o Goberno, lexislación e participación cidadá, os dereitos e deberes fundamentais, a organización territorial e a xeografía física e política de España, ademais de coñecer a cultura e a historia de España e a sociedade española. Con esta formación trátase de axudar a preparar a mencionada proba esixible para a obtención da nacionalidade española. Terá unha duración de 50 horas.

Tamén haberá un curso de habilidades dixitais básicas, cunha duración de 20 horas, enfocado principalmente ao coñecemento e o uso das novas tecnoloxías co fin de ir perdendo o medo a accións tan necesarias na actualidade para poder dirixirse a distintas institucións ou entidades e poder realizar diversos trámites do día a día e cos cales moitas veces non se está moi familiarizado.

A concelleira de Inmigración, Cooperación e Integración, Noelia Mª Ben, convidou “ás persoas que podan estar interesadas a que participen e se inscriban nos cursos para adquirir novas habilidades e mellorar a súa integración e benestar”. Pódese solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando ao 982 58 60 00 / 982 58 06 09.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...