InicioCentralBurelaO PSdeG pide que a Xunta acelere de maneira urxente a cobertura...

O PSdeG pide que a Xunta acelere de maneira urxente a cobertura da praza de pediatra en Burela

A socialista lembrou que a Plataforma Sanitaria da Mariña recolleu sinaturas para demandar a cobertura da praza de pediatra, “tendo que ampliar o horario do dispositivo móbil que instalaron para facelo pola avalancha de persoas que acudiron”.

Publicada o

- Advertisement -

A Deputada Autonómica do PSdeG pola provincia de Lugo Patricia Otero vén de rexistrar diversas iniciativas no Parlamento de Galicia para reclamar á Xunta que “cubra de xeito urxente a praza de pediatría do Centro de Saúde de Burela, para que teña a capacidade asistencial que ten asignada”.

A socialista lembrou que a Plataforma Sanitaria da Mariña recolleu sinaturas para demandar a cobertura da praza de pediatra, “tendo que ampliar o horario do dispositivo móbil que instalaron para facelo pola avalancha de persoas que acudiron”.

A Deputada lembra que o Centro de Saúde de Burela está dotado de dous profesionais de pediatría, “pero a realidade é que dende hai tempo só hai un porque unha das profesionais marchou a outro destino. Polo tanto, só atende unha pediatra no Centro de Saúde de Burela para 1.500 nenos e nenas. Esta situación viuse agravada pola ausencia estes días do pediatra que atende aos nenos dos concellos de Xove e Cervo”.

Por todo iso, dende o PSdeG “demandamos ao Sergas que dote dun servizo de pediatría completo ao centro de saúde de Burela, e que remate coa insostible situación que están a vivir as familias, así como tamén a única pediatra que a día de hoxe presta servizos nel”, incidiu a Deputada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...