InicioCentralBurelaMáis de 3.000 sinaturas a favor do sector pesqueiro recollidas en Burela

Máis de 3.000 sinaturas a favor do sector pesqueiro recollidas en Burela

A iniciativa, que continuará nas vindeiras semanas, busca unificar o rexeitamento social á prohibición da pesca de fondo, que podería poñer en risco a viabilidade das empresas mariñanas, un duro golpe á frota da comarca que pon en xaque a un sector económico fundamental da localidade.

Publicada o

- Advertisement -

Xa son máis de 3.500 sinaturas as recollidas polo Concello de Burela, Confraría de Pescadores, ABSA e ACIA en apoio á flota pesqueira galega de artes de fondo contra o veto imposto pola Comisión Europea.

Así o veñen de corroborar nun encontro onde se xuntaron todas as sinaturas recollidas o alcalde de Burela, Alfredo Llano, a edil de Medio Ambiente, Toñi Eijo, o presidente da ACIA, Ignacio Andía e o patrón maior da Confraría de Pescadores, Basilio Otero.

A iniciativa, que continuará nas vindeiras semanas, busca unificar o rexeitamento social á prohibición da pesca de fondo, que podería poñer en risco a viabilidade das empresas mariñanas, un duro golpe á frota da comarca que pon en xaque a un sector económico fundamental da localidade.

APOIO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL

A Corporación Municipal do Concello de Burela aprobou por unanimidade na sesión plenaria celebrada este xoves o apoio ao sector pesqueiro tras o veto da Comisión Europea á pesca de fondo, refundindo as mocións que levaban cada un dos grupos municipais e aprobando todos os puntos dos acordos.

PSOE, PP e BNG presentaron para a súa votación tres mocións que se debateron en conxunto, saíndo adiante todas as propostas, que sinalaban ao total apoio ao sector pesqueiro galego ante un novo ataque das institucións comunitarias co veto da Comisión Europea á pesca de fondo.

A Corporación aprobou o apoio ao recurso do Goberno de España reiterando a urxente necesidade de solicitar que a CE rectifique e anule o novo Regulamento UE 2022/1614 que veta a pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico Nororiental. Así, o Concello de Burela demandará da Xunta de Galicia que apoie as medidas e accións solicitadas polo executivo estatal procedendo á revisión inmediata e actualización dos datos científicos, solicitando así mesmo que presente un recurso ante a xustiza europea contra dito regulamento.

En definitiva, os tres grupos estiveron de acordo en defender a flota pesqueira galega de artes de fondo esgotando todas as vías posibles e iniciando o proceso de reclamación, tamén pola vía xudicial, contra a decisión da CE. Na sesión plenaria de outubro tamén se aprobou o inventario e catálogo de bens, polo que se resolveron alegacións de temas pendentes e abriuse un período dun mes para a probación final.

Tamén foi exposta a modificación puntual do PXOM, incluíndo a sentenza da denuncia colectiva de propietarios para anular a consideración dalgunhas vivendas como patrimoniadas. “Algunhas propiedades históricas ou de características singulares contaban coa protección de Patrimonio e así se contemplaban no PXOM, pero os propietarios fixeron unha denuncia e a xustiza deulles a razón, polo que incorporamos esa corrección e aprobamos inicialmente a modificación, que terá un período de 2 meses para posibles alegacións”, afirmou o alcalde de Burela, Alfredo Llano, indicando que “é un documento moi complexo que presentamos ao pleno actualizado e que aínda temos dous meses para revisar antes da súa aprobación definitiva”.

Outro dos puntos sometidos a debate foi o da obra complementaria da EDAR de Burela, aprobando o proxecto despois do período de alegacións pertinente, así como os puntos aos que se compromete o concello para facilitar a obra mediante un convenio con Augas de Galicia e Portos de Galicia, aínda pendente de asinar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...