A Asociación Esperanza realizou un taller de concienciación sobre o cancro co alumnado dos CEIP da localidade

A formación, impartida por persoal do Hospital Público da Mariña, achegou información sobre distintos aspectos do cancro aos nenos e nenas adaptando as explicacións ás súas idades.


O edil de Educación do Concello de Burela, José Díaz, felicitou esta mañá á Asociación Esperanza contra o cancro pola organización da xornada que se desenvolveu na Praza de Abastos para concienciar ao alumnado dos Ceip Vista Alegre e Virxe do Carme sobre esta enfermidade.

A formación, impartida por persoal do Hospital Público da Mariña, achegou información sobre distintos aspectos do cancro aos nenos e nenas adaptando as explicacións ás súas idades, “formando dun xeito didáctico e entretido sobre esta enfermidade tan dura que tanto estigma causa na sociedade”, explicou José Díaz, destacando a implicación “de todas as persoas involucradas na organización”.

O concelleiro tamén destacou o labor de organización “dos pediatras do Hospital de Burela, aos cales agradezo tamén, así como á directora, Mª José Cortés e ao coordinador deste equipo de traballo, Tarek Abadi”.

Díaz puxo de relevo “o compromiso de divulgación que hai desde a Asociación Esperanza, así como a predisposición e profesionalidade do persoal do hospital nesta xornada que oxalá poda repetirse para que os máis pequenos e pequenas adquiran coñecementos sobre os problemas que causa o cancro e as medidas de prevención que se recomendan”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here