A OPP-7 de Burela e a súa frota presentarán un recurso contra o regulamento sobre pesca en augas profundas

O sector reitera a súa petición ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para que España tamén solicite a suspensión cautelar da norma europea.

Barcos en Burela. AXM

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e os dezaseis barcos palangreiros de fondo en augas europeas presentarán un recurso o Tribunal Xeral da Unión Europea contra o Regulamento de Execución (UE) 2022/1614 da Comisión Europea sobre as zonas de pesca en augas profundas.

Desde a OPP-7 consideran que se trata dunha norma inxusta, desproporcionada, sen unha base técnica suficiente e con fallos tanto na forma como no fondo, algo no que coinciden tanto as institucións políticas como científicas.

A prohibición de pescar no seus calaoiros habituais afecta máis directamente á frota de palangre de fondo, unha das artes de pesca máis selectivas e respectuosas co medio, que desde o pasado día 9 de outubro ve limitada de forma moi considerable a súa actividade pesqueira e amenazada a súa viabilidade empresarial e o seu futuro como sector.

Este recurso do porto de Burela, no que tamén se solicitará a suspensión cautelar e inmediata do regulamento, únese ao que tamén presentará o Goberno de España como estado membro ante o Tribunal de Xusticia da Unión Europea.

O sector reitera a súa petición ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para que España tamén solicite a suspensión cautelar da norma europea.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here