InicioCentralBurelaVolve a Burela o programa "Porta a Porta" con consultas gratuítas de...

Volve a Burela o programa “Porta a Porta” con consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e memoria

Destes servizos poden beneficiarse persoas maiores de 55 anos solicitando cita previa.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela informa de que o programa Porta a Porta da Xunta de Galicia chegará de novo á localidade no mes de novembro, concretamente os días 9, 10 e 11 de dito mes.

O programa ofrece consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria destinado a todas as persoas maiores de 55 anos que así o desexen, con cita previa e de xeito gratuíto.

O autobús do Porta a Porta estará na Praza do Concello de Burela co fin de prestar servizos asistenciais ás persoas maiores, debendo solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, animou a todas as persoas que cumpran os requisitos “a solicitar cita e beneficiarse desta oportunidade gratuíta que se ofrece por segunda vez”, incidindo na necesidade “de revisar a nosa saúde periodicamente e detectar calquera problema que exista”.

No servizo de podoloxía farase unha consulta básica, valorando o estado xeral do pé, así como un corte e limpeza de unllas e eliminación de durezas, calos e helomas. En audioloxía realizarase unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.

Coa estimulación cognitiva, un profesional fará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro en caso de habelo. O prazo de inscrición xa está aberto para todas as persoas interesadas e que cumpran os requisitos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...