InicioCentralBurelaA Asociación Esperanza colocará mesas en Burela para recadar fondos contra o...

A Asociación Esperanza colocará mesas en Burela para recadar fondos contra o cancro de mama

O Concello de Burela pola súa parte visitou a Asociación Esperanza para a gravación dun vídeo a través da Delegación de Servizos Sociais para a promoción do tecido asociativo.

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Esperanza colocará este vindeiro mércores, Día Internacional contra o Cancro de Mama, mesas para recaudar fondos para a loita contra o cancro, o obxectivo fundamental do colectivo. As mesas estarán situadas nos lugares habituais, a Praza do Concello e o Hospital da Mariña, para que todas aquelas persoas que desexen aportar fondos para axudar á investigación para a detección, tratamento e curación do cancro poidan facelo.

Esperanza agarda unha ampla colaboración da veciñanza, dado que o cancro é unha enfermidade que afectou, afecta e afectará a moitas personas, e que existe moita conciencia cidadá para facerlle fronte á mesma.

AGRADECEMENTOS

Dende a directiva da Asociación Esperanza queren trasladar públicamente o seu agradecemento ás persoas e entidades que fixeron posible a celebración, o pasado venres, da I Xornada Escolar de sensibilización e prevención do cancro. Así, trasladan o seu recoñecemento aos CEIPs Virxe do Carme e Vista Alegre, así como ao Hospital da Mariña e ao persoal facultativo, de enfermería e residentes que participou na xornada. Recoñecen como fundamental a participación da Fundación ALCOA e dos dez voluntarios empregados da factoría que participaron no evento.

Esperanza tentará repetir a experiencia para o vindeiro curso escolar, dada a excelente acollida da iniciativa por parte dos dous ceips, do Hospital e da propia Fundación ALCOA.

PROMOCIÓN TECIDO ASOCIATIVO

O Concello de Burela continúa a través da súa Delegación de Servizos Sociais a promoción do tecido asociativo coa gravación de pequenos vídeos que se irán difundindo nas súas canles oficiais. Nesta ocasión, e coincidindo coa semana na que se conmemora o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama, a visita realizouse á Asociación Esperanza contra o Cancro de Burela.

Desde a entidade explicaron as súas orixes e o motivo fundamental que os levou a asociarse, co fin de dar apoio ás persoas afectadas polo cancro, aglutinando a este colectivo, dando soporte ás familias e sensibilizando ao redor desta enfermidade oncolóxica.

A entrevista en forma de vídeo será publicada nos próximos días, e poderase escoitar a través das voces das persoas que levan a asociación todo o traballo realizado, como por exemplo a recente xornada escolar de sensibilización e prevención, así como o destino final dos fondos recadados mediante diversas iniciativas ao longo destes 15 anos de actividade.

19 DE OUTUBRO

Tanto a Asociación Esperanza como a AECC realizarán distintas accións este 19 de outubro, Día Internacional de Loita contra o Cancro de Mama. Así mesmo, o Concello de Burela iluminará a fachada de rosa como todos os anos.

Pola súa banda, a Asociación Esperanza colocará no día de mañá unhas mesas para recadar fondos co fin de destinalos á loita contra o cancro, o obxectivo fundamental do colectivo. As mesas estarán situadas na Praza do Concello e no Hospital da Mariña, nun lugar visible para que todas as persoas que así o desexen podan aportar fondos para axudar á investigación e a detección, tratamento e curación do cancro.

Tamén a Asociación Española Contra o Cancro realizará unha campaña co obxectivo de avanzar na investigación e apoiar e mellorar a vida de todas as pacientes, habilitando unha mesa tamén no Hospital. Deseñaron camisetas para recadar fondos e convidan á cidadanía a sumarse á súa campaña a través do hashtag #ElRosaEsMásQueUnColor, co fin de que a cor volva identificarse co que realmente importa: as persoas con cancro de mama, as súas necesidades, vivencias e supervivencia. Nesta liña retomarán este novembro uns cursos de ioga terapéutico para as pacientes.

O Concello de Burela quixo dar visibilidade “a todas as iniciativas que se fan para acompañar ás familias que pasan por estes procesos tan duros, a todas as accións que realizan para dar a coñecer a enfermidade e a todos os fondos que conseguen recadar para a investigación”, amosando o apoio da institución local “na medida das nosas posibilidades, coa cesión de espazos para que desenvolvan as súas actividades ou manteñan as reunións para o seu funcionamento diario”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...