InicioCentralBurelaO alcalde de Burela recibe ao alumnado francés de intercambio co IES...

O alcalde de Burela recibe ao alumnado francés de intercambio co IES Perdouro

O rexedor deu unhas palabras de benvida aos rapaces e rapazas que veñen desde Rennes, a capital da Bretaña francesa, e que están a realizar distintas actividades para integrarse na vida do municipio.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, recibiu este mércores ao alumnado do Lycée Renée Descartes, que se atopa de intercambio co Ies Perdouro de Burela.

O rexedor deu unhas palabras de benvida aos rapaces e rapazas que veñen desde Rennes, a capital da Bretaña francesa, e que están a realizar distintas actividades para integrarse na vida do municipio.

Así mesmo, fixo entrega duns pins institucionais a cada alumno e alumna xunto co concelleiro de Educación e Cultura, Jose Díaz, e deu un agasallo ao centro, elaborado pola Fundación Eu Son, explicando aos presentes a simboloxía e vencello con Burela, despois de sinalar as principais características deste pobo mariñeiro, como as singulares artes de pesca ou as máis de 40 nacionalidades que conviven no mesmo.

Llano desexou ao alumnado unha boa estancia “nun lugar que merece a pena coñecer e ao que agardo que nalgún momento queirades volver”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...