InicioSucesosDous anos de cárcere para un home que agrediu á súa parella...

Dous anos de cárcere para un home que agrediu á súa parella en Burela

O tribunal desestima a petición de "detención ilegal" da Fiscalía ao carecer de fechadura a habitación onde levou a vítima

Publicada o

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a dous anos de cárcere como autor dun delito de lesións a un home de 40 anos, E. P. R., que agrediu a súa parella en Burela.

A considera probado que o agresor, tras preguntarlle á muller se estaba falando con outro home polo teléfono móbil, propinoulle dous puñazos e meteu á muller nunha habitación, cerrando a porta logo de dicirlle que a ía matar.

A vítima acabou por abrir a porta do balcón e colgouse del para pedir axuda. Un viandante accedeu ao domicilio familiar e conseguiu que volvese entrar cara o interior.

A acusación pedía oito anos de prisión ao entender que se producira “unha detención ilegal”, petición que foi denegada xa que a habitación carecía de fechadura.

ORDE DE AFASTAMENTO

O tribunal establece tamén para o agresor a prohibición de comunicarse e aproximarse a menos de 300 metros da vítima durante tres anos, así como o pago dunha indemnización de 523 euros ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) polos gastos que lle ocasionou a atención que lle prestou á vítima.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...