Tres docentes do CEIP Vista Alegre de Burela participaron no encontro “Friends for our Planet” dentro do programa Erasmus+

O programa comezou cunha visita á escola primaria Papa Luciani, onde o alumnado ensinou os traballos realizados na súa escola baseados neste proxecto de respecto e coidado do medio ambiente, que xa está no seu terceiro e último ano.

Ceip Vista Alegre de Burela. GOOGLE MAPS

Tres docentes do CEIP Plurilingüe Vista Alegre, Marcos Ventura, Patricia Fernández e Julián Gómez, asistiron a un novo encontro do programa Erasmus + con profesionais do resto de países participantes no proxecto “Friends for our Planet” (Italia, Finlandia, Bélxica, Romanía e Grecia). Nesta ocasión a xuntanza foi en Italia, na localidade de Pieve di Soligo (Treviso), dende o día 11 ao 15 de outubro.

O programa comezou cunha visita á escola primaria Papa Luciani, onde o alumnado ensinou os traballos realizados na súa escola baseados neste proxecto de respecto e coidado do medio ambiente, que xa está no seu terceiro e último ano.

Os seguintes días ademais das reunións de seguimento das actividades finalizadas e pendentes por realizar este curso, biodiversidade e a auga, os docentes visitaron lugares de interese da zona, como a vila de Asolo, ou as localidades de Conegliano e Valdobbiadene, declaradas Patrimonio da Humanidade recentemente polo seu cultivo do viño Prosecco, onde están a tomar medidas para combater a contaminación da zona como eliminar o uso de pesticidas ou plantar máis árbores.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here