InicioPolíticaA Xunta di que destinará dous millóns de euros en 2023 para...

A Xunta di que destinará dous millóns de euros en 2023 para modernizar o equipo do Hospital da Mariña

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, sinalou que as partidas xa territorializadas consignan fondos para incorporar unha nova resonancia magnética fixa -810.742 euros- e un equipo de tomografía computerizada (TAC) -408.035 euros -, ambos xa adxudicados.

Publicada o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou hoxe que os orzamentos autonómicos para 2023 reservan máis de 2 millóns de euros para modernizar o equipamento tecnolóxico no Hospital Público da Mariña.

No transcurso dunha visita ao centro, Arias subliñou que “o incremento récord previsto para gasto social en Galicia, con 4.967 millóns destinados á sanidade pública, dá unha idea da prioridade que supón este ámbito para a Xunta”.

No caso concreto deste hospital comarcal, as partidas xa territorializadas consignan fondos para incorporar unha nova resonancia magnética fixa -810.742 euros- e un equipo de tomografía computerizada (TAC) -408.035 euros -, ambos xa adxudicados.

Ademais, asígnanse 890.308 para executar os traballos de adaptación do espazo que acollerá a resonancia. Arias avanzou que ao proceso de licitación das obras concorreron tres empresas e está previsto adxudicar a actuación en breve, co obxectivo poñer en marcha os novos servizos o antes posible.

“O Goberno galego continúa así coa súa aposta por achegar máis e mellores dotacións a este complexo hospitalario”, subliñou Arias, quen lembrou que a Xunta leva investidos 15 millóns de euros para a súa reforma, ampliación e equipamento.

En canto ao ámbito da Atención Primaria, o delegado resaltou que os orzamentos de 2023 reservan 500.000 euros para licitar os proxectos de novos centros de saúde contemplados no plan de mellora de infraestruturas deste nivel asistencial, como é o caso do ambulatorio de Ribadeo, que xa asinou un protocolo coa Xunta para iniciar a adquisición da parcela na que se construirá o futuro edificio.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...