InicioOrientalRiotortoRibadeo recibe a Bandeira Verde de Galicia por primeira vez polo seu...

Ribadeo recibe a Bandeira Verde de Galicia por primeira vez polo seu labor a favor do medio ambiente

A concelleira de Obras, Servizos Sociais e Igualdade, Mónica Freire, engadiu que “isto nos reafirma no bo traballo feito e nos anima a seguir neste camiño”.

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Obras, Servizos Sociais e Igualdade, Mónica Freire, recolleu en Sober a Bandeira Verde de Galicia, que ven de recibir por primeira vez o Concello de Ribadeo.

A edil ribadense amósase satisfeita: “este galardón é un recoñecemento ao traballo feito en materia de medio ambiente e turismo e en eidos como a limpeza e o patrimonio natural. Trátase dun novo distintivo que ven sumarse ás bandeiras azuis que desde hai anos reciben os areais ribadenses, á Q de Calidade Turística e ao sendeiro azul co que tamén contamos desde hai tempo”. Mónica Freire engadiu que “isto nos reafirma no bo traballo feito e nos anima a seguir neste camiño”.

O Concello presentou 15 accións ou iniciativas á Bandeira Verde de Galicia, das que 11 acadaron a puntuación esixida. Entre as axudas demandadas figuran: actividades de astronomía; as Zonas Cativas; o Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía; a instalación de puntos limpos de proximidade; O Renacer do Cantil; RibadeoXNatural; RibadeoXVivo; o Día dos Humidais; Coida os Mares, Coida a Vida; O que non arde; Life Fluvial; Xeorrutas; o Plan de Formación Rural; o Plan Especial de Protección das Catedrais; ou a creación duna senda ciclable para a mocidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...