InicioCentralBurelaO IES Perdouro de Burela prepara unha nova visita ao patrimonio documental...

O IES Perdouro de Burela prepara unha nova visita ao patrimonio documental do cemiterio parroquial

Desde o ano 2004, a intervención educativa Modelo Burela fixo un continuado traballo de campo co obxectivo de localizar os deseños e os epitafios máis significativos, especialmente aqueles que recollen a produción propia dos familiares ou fragmentos de obras clásicas da literatura.

Publicada o

- Advertisement -

O IES Perdouro de Burela organiza para o vindeiro xoves unha visita ao patrimonio documental do cemiterio parroquial. A actividade, organizada pola intervención educativa Modelo Burela, será guiada por Pedro Valle, coidador do cemiterio, e contará coa presenza do novo cura párroco, Óscar Santiago, e do marmorista xa xubilado, Óscar Pardiño.

Desde o ano 2004, a intervención educativa Modelo Burela fixo un continuado traballo de campo co obxectivo de localizar os deseños e os epitafios máis significativos, especialmente aqueles que recollen a produción propia dos familiares ou fragmentos de obras clásicas da literatura. Posteriormente, con periodicidade anual, realízase unha visualización destinada a localizar novos materiais de estudo.

Nesta edición de 2022 participará tamén Vanesa Vila Verde, co-autora do audiovisual titulado “Em Companhia da Morte”, gravado en 2011 na Raia Seca, entre Ourense e Portugal. Neste documentario en que participou a actual profesora do IES Perdouro recóllense os testemuños de mulleres que falan sobre a asimilación da morte como algo natural.

Con este acto, o Modelo Burela quere facer un recoñecemento explícito aos traballos de Pedro Valle e de Oscar Pardiño e Laura García Santiso na conservación e renovación do patrimonio funerario dos cemiterios de Burela.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...