InicioCentralBurelaBurela organiza a I Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero para...

Burela organiza a I Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero para o próximo domingo

A concelleira de Muller e Igualdade, Mª Noelia Ben, convidou a toda a veciñanza a participar para “rexeitar a violencia de xénero na nosa sociedade e sumar esforzos en favor da igualdade entre os sexos e a non discriminación ás nenas e ás mulleres en todos os ámbitos da súa vida”.

Publicada o

- Advertisement -

O Centro de Información á Muller (CIM) e a Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Burela organizan a I Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero, en colaboración coa Asociación “Pasada das Cabras” e o Grupo de Participación Xuvenil.

A iniciativa solidaria terá lugar o domingo 20 de novembro ás 10 da mañá, realizando un percorrido de 7 quilómetros con saída e chegada na Praza do Concello de Burela.

Poderase colaborar aportando un quilo ou un litro de alimento non perecedoiro ou ben produtos de hixiene que se recollerán o propio día da andaina.

A concelleira de Muller e Igualdade, Mª Noelia Ben, convidou a toda a veciñanza a participar para “rexeitar a violencia de xénero na nosa sociedade e sumar esforzos en favor da igualdade entre os sexos e a non discriminación ás nenas e ás mulleres en todos os ámbitos da súa vida”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...