InicioCentralBurela'Eu como peixe de Burela', campaña sobre os beneficios de comer peixe...

‘Eu como peixe de Burela’, campaña sobre os beneficios de comer peixe para os máis pequenos

No acto participaron uns 60 alumnos de primeiro e segundo de educación primaria, que ao final da charla recibiron un regalo en forma de mandil e gorro de chef cos que prometeron que axudarán a cociñar moito peixe nas súas casas.

Publicada o

- Advertisement -

A nutricionista Alba Vila, en colaboración coa Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, celebrou na mañana do mércores 26 de outubro a xornada divulgativa “Eu Como Peixe” dirixida aos nenos e nenas de seis a oito anos do Colexio Plurilingüe Virxe do Carme de Burela.

A xornada consistiu nunha conferencia divulgativa sobre os beneficios de comer peixe, impartida pola nutricionista Alba Vila, que ademais dos seus centros de dietética en Burela e Foz, tamén coordina os menús dalgún colexio da zona.

Os pequenos estiveron moi atentos durante a presentación, seguindo os debuxos e explicacións sobre algunhas das principais especies da lonxa de Burela: pescada do pincho de Burela, peixe sapo, peixe espada, cabala e bonito do norte; e aprendendo as principais diferencias entre o peixe azul e o peixe branco.

No acto participaron uns 60 alumnos de primeiro e segundo de educación primaria, que ao final da charla recibiron un regalo en forma de mandil e gorro de chef cos que prometeron que axudarán a cociñar moito peixe nas súas casas.

Esta acción da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela inclúese no su plan de produción e comercialización, en colaboración con Armadores de Burela e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...