InicioCentralBurelaBurela anuncia a programación para o 25N, Día Internacional para a Eliminación...

Burela anuncia a programación para o 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

O programa tamén inclúe obradoiros de educación afectivo-sexual e prevención das violencias dixitais nos CEIPs e IES do municipio, así como un curso de defensa persoal e autocapacidades ante situacións violentas.

Publicada o

- Advertisement -

A Delegación de Igualdade e Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Burela anuncian o programa de actividades que se desenvolverá ao redor do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

En días pasados, xa foi anunciado o espectáculo Lara Hierro, unha obra de carácter poliédrico dirixido a un público adulto onde as ferramentas a través das que falan son a danza, a palabra, a música e a imaxe audiovisual. Terá lugar hoxe venres ás 21 horas na Casa da Cultura.

O Concello dá continuidade un ano máis ao Concurso de Microrrelatos “25 de novembro”, que cumpre xa a súa décimo quinta edición. Haberá dúas categorías, unha para menores de 18 anos e outra para persoas de 18 en adiante. Pódense consultar as bases na sede electrónica do concello, no Taboleiro de Anuncios, accedendo a través da web municipal burela.org. O prazo de presentación remata o 18 de novembro ás 15 horas.

Tamén haberá actividades destinadas á información e concienciación social, como a campaña da Xunta de Galicia Agresión OFF, que pretende sensibilizar sobre a violencia sexual en particular e contra as violencias de xénero en xeral. Colocarase un stand para ofrecer información nesta liña, que inclúe actividades lúdico formativas con dinámicas de participación activa a través do xogo con materiais pedagóxicos de igualdade. Estará na Praza da Mariña o mércores 16 de novembro, de 12 a 19 horas.

Desde a Concellería da Muller e o CIM anuncian unha novidade no marco desta programación, a primeira andaina solidaria contra a violencia de xénero, na que colaboran a Asociación “Pasada das Cabras” e o Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Burela. Celebrarase o domingo 20 de novembro e terá un percorrido de 7 quilómetros con saída (ás 10h.) e chegada na Praza do Concello. Poderase colaborar aportando un quilo ou un litro de alimento non perecedoiro ou produtos de hixiene que se recollerán o propio día da andaina.

O 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, colocaranse pancartas e iluminarase a fachada do concello de cor morada. Ademais, haberá un punto informativo con reparto de material divulgativo e para a prevención da violencia de xénero na Praza do Concello ao longo da mañá. A lectura do manifesto institucional realizarase neste mesmo lugar ás 12 horas.

O programa tamén inclúe obradoiros de educación afectivo-sexual e prevención das violencias dixitais nos CEIPs e IES do municipio, así como un curso de defensa persoal e autocapacidades ante situacións violentas. Impartido por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita, o curso vai dirixido a mulleres a partir de 16 anos. Terá lugar os días 12 e 14 de decembro na Casa da Cultura, en horario de 9:30 a 13:30h. É necesaria a inscrición previa no CIM, sito na Casa do Concello, ou ben chamando ao 982 58 06 09.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...