Mario Pillado será o candidato do BNG para as eleccións municipais en 2023

A decisión tomouse por unanimidade durante a asemblea local de Burela e foi ratificada polo consello comarcal da organización nacionalista na Mariña.


O BNG de Burela elixiu a Mario Pillado Mon como candidato á alcaldía para as eleccións municipais de maio de 2023. A decisión tomouse por unanimidade durante a asemblea local de Burela e foi ratificada polo consello comarcal da organización nacionalista na Mariña.

Mario Pillado, de 38 anos, enxeñeiro químico e monitor deportivo. Pillado declarou que “nun momento de crise no que a nosa vila debería liderar A Mariña, Burela vai sempre a remolque, por iso tén que haber un cambio profundo para rachar dunha vez por todas coa falta de planificación imperante neste concello desde hai varios anos, e ese cambio tén que darse nas próximas elección municipais da man do BNG”.

Pillado anuncia tamén que desde a formación nacionalista están traballando “nunha candidatura ampla, representativa e con persoas comprometidas co futuro de Burela e coñecedoras da súa realidade”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here