A CIG-Saúde emitiu este venres un comunicado no que acusou ao Sergas de suprimir a praza de Diplomada Universitaria de Enfermería (DUE) de ostomías, que se adicaba a proporcionar aos pacientes unha educación sanitaria sobre coidados do estoma e dispositivos colectores.
O sindicato asegurou que esta figura “xa era claramente insuficiente, xa que esta persoa se adicaba a outras tarefas compartidas“.
A central nacionalista alertou de que “os pacientes só reciben información deste tipo durante o ingreso en planta, sen que haxa ningunha especialista”.
Ademais, afirmou que se produciron “derivacións” por este motivo ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), “onde contan con dúas enfermeiras con xornada exclusiva”.
O Sergas asegura que “é falso que se suprimira a consulta específica de ostomía do Hospital da Mariña“.
Fontes do Servizo Galego de Saúde afirman que a persoa que exercía esta tarefa “obtivo praza nun concurso de traslados” e por iso “o centro está a iniciar o proceso para a formación especializada doutro profesional que asuma a atención en dita consulta”.
O Sergas sinala que a consulta para estes pacientes estase a realizar “no servizo de cirurxía” e que “a atención sanitaria está garantida”.
O LUNS, TRASLADO DAS CONSULTAS EXTERNAS
O cronograma do traslado de parte dos servizos do Hospital Público da Mariña ao edificio novo segue o seu curso.
Así, tralo paso á zona ampliada das plantas de cirurxía e traumatoloxía, do hospital de día oncohematolóxico e da sala de endoscopias e da zona de probas de cardioloxía, o luns 17 executarase o traslado das consultas externas.
No novo edificio funcionarán desde o luns especialidades como oftalmoloxía, neumoloxía, cirurxía xeral ou cardioloxía.
Medicina interna, xinecoloxía, uroloxía, pediatría, dermatoloxía, reumatoloxía e a Unidade de Coidados Intensivos quedarán por agora edificio antigo.
EXPOSICIÓN
O Hospital da Mariña acollerá ata o 9 de xaneiro a exposición da Fundación Vicente Ferrer ‘Dereitos sexuais e reprodutivos na India xeral‘. Logo trasladarase ao HULA.