InicioCentralBurelaCampaña de concienciación medioambiental en Burela cunha acción mediante pinturas nas bodas...

Campaña de concienciación medioambiental en Burela cunha acción mediante pinturas nas bodas dos sumidoiros

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, anunciou esta campaña como “unha iniciativa novidosa, que mestura a arte coa concienciación social, e que estou segura que terá un impacto na xente, evitando xestos que ás veces se fan de forma automática e que son moi prexudiciais”.

Publicada o

- Advertisement -

A Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela comezará esta semana a realizar pinturas nas bocas dalgúns dos sumidoiros co fin de concienciar á poboación sobre a contaminación e a mala xestión dos residuos, que afecta gravemente aos ecosistemas mariños.

Continuando co lema de campañas anteriores, “O mar comeza aquí”, os artistas Marcos Pereira e Manuel Andrés Pallín, de Concepto Circo, serán os encargados de facer debuxos en 3D para alertar á poboación de que un xesto como tirar unha cabicha no sumidoiro ou o envoltorio dun caramelo pode ter consecuencias graves tanto para o medio ambiente como para a nosa saúde.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, anunciou esta campaña como “unha iniciativa novidosa, que mestura a arte coa concienciación social, e que estou segura que terá un impacto na xente, evitando xestos que ás veces se fan de forma automática e que son moi prexudiciais”.

Na mesma liña se pronunciou o edil de Cultura, Jose Díaz, que quixo destacar que “a arte é a ferramenta perfecta para poñer o foco sobre problemáticas como a contaminación, pero tamén para continuar embelecendo as rúas de Burela con mensaxes que calan na sociedade”.

Referiron ambos o vínculo desta campaña con Amarte e coa cerámica da ponte de Eijo Garay, de forma que gañadores do concurso de pintura mural están a embelecer con sendos proxectos algunhas zonas de Burela: Martín Cal coa cerámica, e agora Marcos Pereira cos debuxos nos sumidoiros. Durante esta semana, se as condicións climatolóxicas o permiten, iniciaranse as pinturas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...