Reunión das federacións de confrarías do Cantábrico en Burela para a próxima semana

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta nova cita, que se celebra no Hotel Nordés de Burela o luns 7 e martes 8 de novembro, para reflexionar sobre temas de interese das frotas artesanais, analizar a súa situación actual e os principais retos de futuro.


As federacións de confrarías de pescadores do cantábrico teñen unha cita a próxima semana en Burela, que acollerá unha nova edición da “Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste”, na que representantes dos pósitos galegos, asturianos, cántabros e vascos volverán abordar diferentes temas de interese común para as confradías de pescadores do Cantábrico-Noroeste.

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta nova cita, que se celebra no Hotel Nordés de Burela o luns 7 e martes 8 de novembro, para reflexionar sobre temas de interese das frotas artesanais, analizar a súa situación actual e os principais retos de futuro.

Durante a tarde do lunes os representantes das federacións de confrarías manterán unha Xornada Técnica onde se fará unha revisión das conclusións da última Interfederativa, que se celebrou en Viveiro hai un ano, e abordaranse as principais preocupacións do sector.

O Congreso pecharase na mañá do martes con unha xornada de traballo conxunta entre representantes das confrarías e das administracións pesqueiras de España e das comunidades autónomas do cantábrico. Como é habitual, nesta reunión o sector exporá ás administracións as principais conclusións derivadas do traballo do día anterior.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here