InicioCentralBurelaBurela pinta os seus sumidoiros dentro da campaña "O Mar Comeza Aquí"

Burela pinta os seus sumidoiros dentro da campaña “O Mar Comeza Aquí”

A concelleira de Medio Ambiente e Cultura, Toñi Eijo, sinalou que “o obxectivo é sensibilizar a través da arte dos problemas que xera a contaminación".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Alfredo Llano, e os concelleiros de Medio Ambiente e Cultura, Toñi Eijo e José Díaz, visitaron hoxe as pinturas realizadas nas bocas de 7 sumidoiros dentro da campaña de concienciación O mar comeza aquí.

Eijo explicou que “o obxectivo é sensibilizar a través da arte dos problemas que xera a contaminación. Estivemos a ver esta mañá que o resultado final destas pinturas é impactante e agardamos que contribúa á concienciar á nosas veciñanza. O feito de tirar unha cabicha ou o envoltorio dun caramelo a través dos sumidoiros pode ter consecuencias graves tanto para o medio ambiente como para a nosa saúde”.

Manuel Andrés Pallín e Marcos Pereira son os artistas que se encargan da realización destas pinturas en 3D. A concelleira de Medio Ambiente indicou que “se trata dunha iniciativa novidosa, na que mesturamos arte coa concienciación social. Gustaríame facer unha chamada de atención á poboación para evitar xestos ou comportamentos que ás veces se fan de xeito automático e que son moi prexudiciais para o medio ambiente”.

O concelleiro de Cultura indicou que “desde a Delegación de Cultura do Concello de Burela e no meu propio nome gustaríame felicitar á miña compañeira Antonia Eijo, a concelleira de Medio Ambiente, pola súa iniciativa que combina medio ambiente e arte nas rúas de Burela, de momento na Eijo Garay, con eses debuxos en 3D de peixes saíndo de sumidoiros, cunha mensaxe moi clara que é O mar empeza aquí. Creo que ten unha parte social de concienciación enorme e é unha idea xenial. Ademais é unha rúa que desemboca nas pinturas murais de Amarte”.

Para José Díaz “isto é traballar en sintonía para apostar polas mesmas cousas. Un dos principais reclamos turísticos de Burela ten que ser a cultura e a arte, que estamos facendo en moitos puntos do pobo. Tamén hai que felicitar a iniciativa doutra compañeira concelleira, Carmela López, polo proxecto Burela in, que quedou impresionante e tamén está na mesma rúa”.

O edil engadiu que “con isto, ademais da ponte Eijo Garay con esa cerámica serigrafiada obra de Martín Cal -un pintor con moitísimo futuro que foi gañador dunha edición de Amarte-, configuramos unha rúa que chama moito a atención, sobre todo aos nosos veciños. Ao final os que vivimos aquí somos os que máis o desfrutamos, pero sen dúbida serve de reclamo turístico xa que en Burela non temos esa actividade que teñen outros concellos a nivel praia e temos que buscar outras alternativas. Nosoutros temos esa oportunidade, empezamos con ela e hai que traballar todos neste mesmo sentido”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...