Burela entrega os premios aos gañadores da segunda edición de Musicarte

O concelleiro de Cultura, José Díaz. "é un proxecto da Delegación de Cultura que iniciamos o ano pasado e nesta edición tiñamos como novidade o premio ao mellor videoclip de adultos non profesionais da música".

Premios Musicarte

O salón de plenos do Concello de Burela acolleu esta tarde a entrega dos premios aos gañadores de Musicarte 2022. No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz.

O edil burelés explicou que “vimos de entregar os premios da segunda edición de Musicarte 2022. É un proxecto da Delegación de Cultura que iniciamos o ano pasado e nesta edición tiñamos como novidade o premio ao mellor videoclip de adultos non profesionais da música. O certame tamén estaba enfocado a videclips de escolas de música de Galicia e conservatorios”.

Par José Díaz “a participación foi aceptable”. O concelleiro de Cultura considera que “sería xenial que todas as escolas de música de Galicia fixeran o seu videoclip, como parte dos traballos que se fan neses centros, tal e como fixo a Escola Municipal de Burela, á que felicito pola súa implicación, xa que mandaron moitos vídeos de todos os rapaces e rapazas que están en diferentes agrupacións. A súa participación foi impecable, o profesorado estivo aí apoiándoos, revisando eses videoclips. Teño que felicitar á Escola de Música de Burela e ademais dicir que por decisión do xurado, presidido pola actriz mariñá Estíbaliz Veiga, que sempre está disposta a colaborar con todo o que se lle propón na Mariña, foi un videoclip realizado por alumnado da Escola de Música de Burela o gañador cunha versión da canción In yours, que se pode ver na web do Concello www.burela.org na nosa canle de youtube. Aí están todos os vídeos presentados a esta segunda edición de Musicarte. E o premio ao mellor videoclip de adultos non profesionais da música foi para un grupo de artistas de Coruña chamado Another Wasted Year con Let Her Bloom”. Os dous equipos gañadores recibirán 400 euros e trofeo, cada un.

Díaz engadiu que “a presidenta do xurado non puido acudir esta tarde a Burela, pero gravou un vídeo dirixido aos gañadores”. No acto de entrega dos premios participaron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here