InicioCentralBurelaVisita de dous profesores da Universidade de Cabo Verde a Burela no...

Visita de dous profesores da Universidade de Cabo Verde a Burela no marco do proxecto europeo “Resistance”

A concelleira de Inmigración, Cooperación e Integración, Noelia Mª Ben, explicou que “aproveitando unha estancia de investigación en Galicia xunto coa Universidade de Santiago, liderada por Ofelia Rey Castelao, os docentes da Universidade de Cabo Verde, Lourenço Gomes e Elter Carlos, mediante o contacto establecido coa profesora e cronista oficial de Burela, Herminia Pernas, achegáronse ata a nosa vila os días 10 e 11 de novembro”.

Publicada o

- Advertisement -

Dous profesores da Universidade de Cabo Verde visitaron estes días Burela, onde mantiveron unha xuntanza coa comunidade dese país asentada na vila.

A concelleira de Inmigración, Cooperación e Integración, Noelia Mª Ben, explicou que “aproveitando unha estancia de investigación en Galicia xunto coa Universidade de Santiago, liderada por Ofelia Rey Castelao (catedrática recentemente galardoada co Premio Nacional de Historia de España), no marco do proxecto europeo Resistance. Rebelión e resistencia nos imperios ibéricos (s XVI-XIX), os docentes da Universidade de Cabo Verde, Lourenço Gomes e Elter Carlos, mediante o contacto establecido coa profesora e cronista oficial de Burela, Herminia Pernas, achegáronse ata a nosa vila os días 10 e 11 de novembro”.

A edil bureles contou que “nestas dúas xornadas en Burela, o xoves ofrecémoslles unha recepción no Concello e a continuación tivo lugar unha xuntanza coa comunidade caboverdiana asentada no municipio, acompañada de Batuko. Ademais estiveron co alumnado dos IES do municipio nos seus centros para debater sobre o dialogo intercultural”.

ÚLTIMAS

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...

Burela renovará o saneamento da rúa Portelo e da zona de Ril

O Concello de Burela renovará con dúas obras os servizos e a accesibilidade da...