InicioCentralBurelaO musical "La Gran Aventura de los Reyes Magos" xa ten as...

O musical “La Gran Aventura de los Reyes Magos” xa ten as entradas á venda en Burela

O espectáculo terá lugar o 29 de decembro

Publicada o

- Advertisement -

Xa están á venda as entradas para o musical La gran aventura de los Reyes Magos, que chegará a Burela o 29 de decembro, segundo anunciou esta mañá o concelleiro de Cultura, José Díaz.

O edil burelés dixo: “desde a Delegación de Cultura do Concello de Burela queremos anunciar que imos ter un musical o 29 de decembro, en plenas datas do Nadal. Titúlase La Gran Aventura de los Reyes Magos, da Gran Belleza Producciones, que xa nos trouxeron aquí outros musicais, por exemplo o de Coco, que tanta calidade e tan boa acollida tiveron. Así que estamos seguros de que este tamén terá esa calidade que tanto valoramos en todos os eventos que celebramos no auditorio de Burela”.

Díaz explicou que ““están as entradas xa á venda. Nos grupos de whatsapp de Cultura e tamén no facebook da Delegación de Cultura hai ligazóns e información sobre este evento. Xa se poden comprar as entradas para asistir a un musical que estamos seguros de que gustará. Ademais aposta polo tradicional neste sentido cultural, como é o caso dos Reis Magos, en contraste con Papá Noel. Sabemos que as dúas celebracións teñen boa acollida no noso país, pero os Reis Magos son o tradicional, o de sempre; e é tirar deles, no canto de moitos musicais que hai de temática Papá Noel buscar esa aposta polos Reis Magos e ensinarlles aos nenos cal é a tradición entre música e tamén risas”.

O concelleiro de Cultura engadiu que “os prezos das entradas son dez euros no anfiteatro e doce na platea”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...