InicioCentralBurelaA xornada 'Peque-Peixe' acolleu a máis de 80 alumnos de primaria para...

A xornada ‘Peque-Peixe’ acolleu a máis de 80 alumnos de primaria para aprenderlles aos nenos terminoloxía pesqueira

Xa no salón de actos de ABSA, coa presenza do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Antonio Basanta, os alumnos descubriron curiosidades sobre "A lingua do mar", coñecendo algúns termos propios da linguaxe mariñeira e diferentes nomes de peixes.

Publicada o

- Advertisement -

A lonxa de Burela acolleu este mércores unha nova xornada de ‘PEQUE PEIXE’, un proxecto que ten como obxectivo formar aos nenos na terminoloxía mariñeira e pesqueira en galego e está organizada pola Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela en colaboración con Armadores de Burela.

No acto participaron 83 nenos e nenas de 8 e 9 anos de 3º e 4º de Educación Primaria de tres colexios públicos da comarca: CEIP Virxe do Carme de Burela, CEIP Península da Paz de San Cibrao e CEIP Fondo Nois.

A xornada comezou cunha visita á lonxa ABSA de Burela, onde os pequenos aprenderon a diferenciar as principais especies pesqueiras e as etiquetas do peixe fresco.

Xa no salón de actos de ABSA, coa presenza do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Antonio Basanta, os alumnos descubriron curiosidades sobre “A lingua do mar”, coñecendo algúns termos propios da linguaxe mariñeira e diferentes nomes de peixes.

A empresa galega Sinerxia presentou e entregou aos nenos as unidades didácticas ‘Peque Peixe’ elaboradas para a idade de 8-9 anos sobre “O medio mariño e os seus habitantes”, nas que se dan a coñecer aspectos como as profesións mariñeiras, as artes de pesca, a bioloxía do mar ou os tipos de peixes.

A xornada terminou cunha sesión de “Xogando na lonxa”, na que os pequenos tomaron a lonxa de Burela para realizar diferentes xogos. A clase de 4ºA do colexio Virxe do Carme levou un lote de libros sobre o mar, a pesca e os seus habitantes para a biblioteca do centro educativo.

Esta xornada didáctica enmárcase nas accións de promoción da OPP-7 incluídas no seu plan de produción e comercialización anual, e conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo de Pesca.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...